As novas formas de consumo de música fan que convivan en popularidade artistas de todos os tempos alén do ditado da actualidade. Preguntámonos como andarían de oíntes os artistas galegos (collendo este concepto con amplitude) en Spotify e atopamos algúns resultados curiosos. Empezamos a buscar todos os que se nos ocorrían e acabamos cunha listaxe dos 100 máis escoitados. Posiblemente haxa ausencias ou despistes. Pero facémonos unha idea.
Sabemos que hai máis plataformas e moitas máis maneiras de medir o éxito dos nosos artistas musicais, pero Spotify é a máis popular e danos claves interesantes. O dato polo que nos guiamos é o número de oíntes mensuais, que vai variando co tempo, así que o de hoxe é unha foto fixa. O primeiro que nos sorprendeu foi atopar no top 10 artistas dos 90 que coidabamos esquecidos como Amistades Peligrosas ou Cómplices, que se manteñen arredor do millón de oíntes grazas a vellos éxitos como “Me haces tanto bien” dos primeiros (42 millóns de reproducións a día de hoxe) ou “Es por ti” dos segundos (47 millóns de reproducións).
Ver a Teo Cardalda ou Alberto Comesaña aí arriba fainos pensar que o público usuario de Spotify xa logo terá a hipoteca pagada, e ver a Marta Sánchez de número 1 e a Julio Iglesias de número 2, respectivamente, só corrobora esta intuición. Se tivésemos os datos de público por países seguramente en todos estes casos a audiencia latinoamericana terá un peso importante. O tema máis escoitado de Marta Sánchez, con diferenza, é “Colgando en tus manos”, que cantaba con Carlos Baute, coa burrada de 321 millóns de reproducións. E do fillo do doutor Iglesias Puga qué dicirmos, só ten temazos cunha media de 20 millóns de reproducións cada un.
Tamén atopamos pola cima da lista artistas novos, e o caso do vigués Sen Senra é o máis chamativo: case un millón de oíntes mensuais, pisándolle os calcaños ao cantautor ferrolán Andrés Suárez. Séguenlle figuras do mainstream clásico de orixe galega como Luz Casal ou Carlos Jean, o triunfiño ourensán Cepeda (a moita distancia doutros participantes galegos en OT) e o rapeiro máis popular que saíu de Galicia, Hard GZ.
Moi pegado a el, superando os máis de 600 mil oíntes mensuais, temos a Biba Dupont, o dúo galego co que falamos hai un par de anos sobre o seu éxito facendo cancións instrumentais para listas de Spotify. E nomes máis coñecidos como Iván Ferreiro, Xoel López ou Tanxugueiras, decimoquintas na listaxe que fixemos, pero primeiras se a conta fose de artistas que cantan maioritariamente en galego.
Despois cóanse outros dous rapeiros, o compostelán Arce e o camariñán Lopes, e un cantautor, Fredi Leis, cabo de oldies but goldies como Los Suaves, Los Piratas ou Siniestro Total. Do 20 para abaixo empezan a aparecer as orquestras (El Combo Dominicano arrasa en Spotify con “La Cucaracha”), e artistas que triunfan desde hai un tempo no público máis novo como Novedades Carminha, Baiuca, dani ou Blanco Palamera (curiosamente todos vinculados ao mesmo selo musical, Raso). Isto, falando dos 30 primeiros, que teñen máis de cen mil oíntes mensuais. De aí para abaixo, unha ampla variedade que mestura estilos e xeracións e onde tamén é curioso botar un ollo, sen ánimo de comparar. Ou con el, que para iso están estas cousas, sen tomalas nunca demasiado en serio.
Aquí vos deixamos a listaxe o máis completa que fomos quen de facer. Puxemos o límite nos 100, o que nos deixa un tope por abaixo de 5.000 oíntes. E é a partir de aí onde seguramente atopamos as propostas máis interesantes da música galega actual, así que o mundo non acaba nos cen nin moitísimo menos. O que hai que facer é seguir aumentando en reproducións en todas as franxas de audiencia.
ARTISTAS | OÍNTES MENSUAIS
- Marta Sánchez | 4,9 millóns
- Julio Iglesias | 3.1 millóns
- Amistades Peligrosas | 1 millón
- Andrés Suárez | 983 mil
- Sen Senra | 929 mil
- Luz Casal | 901 mil
- Cómplices | 855 mil
- Carlos Jean | 761 mil
- Cepeda | 693 mil
- Hard GZ | 631 mil
- Biba Dupont | 618 mil
- Iván Ferreiro | 474 mil
- Arce | 445 mil
- Xoel López | 414 mil
- Tanxugueiras | 385 mil
- Los Suaves | 337 mil
- Los Piratas | 252 mil
- Fredi Leis | 244 mil
- Lopes | 225 mil
- Siniestro Total | 218 mil
- Novedades Carminha | 216 mil
- El Combo Dominicano | 216 mil
- Miriam Rodríguez | 203 mil
- Baiuca | 202 mil
- Yoli Saa | 182 mil
- Dani | 173 mil
- Roi Méndez | 159 mil
- Juan Pardo | 153 mil
- Blanco Palamera | 121 mil
- Luis Fercán | 91,8 mil
- Golpes Bajos | 90 mil
- Rodrigo Cuevas | 89,4 mil
- Triángulo de Amor Bizarro | 82,6 mil
- Eva B | 74,7 mil
- Marem Ladson | 64,9 mil
- Verto | 54,3 mil
- Carlos Núñez | 49,9 mil
- Sila Lua | 43,6 mil
- Groove Amigos | 43,3 mil
- Luar na Lubre | 42,9 mil
- Nico Casal | 41 mil
- Ortiga | 40,8 mil
- Os Resentidos | 38,8 mil
- Aerolíneas Federales | 36,6 mil
- Los Limones | 35,6 mil
- Sabela | 34,4 mil
- Andrés Do Barro | 33,5 mil
- Dakidarría | 33,4 mil
- Guadi Galego | 32,3 mil
- Grande Amore | 30,9 mil
- Orquesta Olympus | 29,4 mil
- Sangre de Muérdago | 29,3 mil
- Orquesta Panorama | 25,9 mil
- Bala | 24,5 mil
- Ganjahr Family | 22,9 mil
- Boyanka Kostova | 22,4 mil
- Ezetaerre | 21,2 mil
- Heredeiros da Crus | 19,8 mil
- Ana Kiro | 19,8 mil
- Milladoiro | 17,6 mil
- Néboa | 17,3 mil
- High Paw | 16,7 mil
- SES | 16,6 mil
- Lamatumbá | 16,3 mil
- Eladio y los seres queridos | 13,3 mil
- Terbutalina | 13 mil
- Dios Ke Te Crew | 12,8 mil
- Fuxan os ventos | 12 mil
- A Roda | 11,9 mil
- París de Noia | 11,9 mil
- Xabier Díaz | 11,8 mil
- Escuchando Elefantes | 10,7 mil
- Santi Araujo | 10,5 mil
- Rumia | 10 mil
- Lucía Pérez | 10 mil
- Berrogüetto | 10 mil
- Mercedes Peón | 9 mil
- SonDaRúa | 9 mil
- The Soul Jacket | 9 mil
- Wöyza | 9 mil
- Uxía | 8,4 mil
- Amaro Ferreiro | 8,1 mil
- Malandrómeda | 8 mil
- Los Tamara | 7,9 mil
- Os Diplomáticos de Monte Alto | 7,8 mil
- Ataque Escampe | 7,6 mil
- Treixadura | 7,6 mil
- Esteban & Manuel | 7,2 mil
- Berto | 6,8 mil
- Furious Monkey House | 6,8 mil
- Susana Seivane | 6,8 mil
- Quempallou | 6,2 mil
- Cora Novoa | 6 mil
- Pili Pampín | 5,7 mil
- Cristian Silva | 5,8 mil
- Leilía | 5,4 mil
- DJ Son1c | 5,3 mil
- A banda da Loba | 5,1 mil
- Grima | 5,1 mil
- SkandaloGZ | 5 mil
Fe de erros: Imos ir poñendo aquí artistas que debían estar na lista, pois teñen máis de 5 mil oíntes mensuais, pero por despiste non foron incluídos de primeiras.
- No posto 60, con 18,7 mil oíntes, debería estar Antía Muíño.