"Disidencias téxtiles". A moda como arte fronte ao "modelo Inditex"

Igual que a gala Met converteu hai uns días un museo de Nova York nunha pasarela de moda, en Lugo o pasado sábado a Gala Sol levou á galería Solaina o traballo de dez artistas que traballan no ámbito da moda para inaugurar a exposición “Disidencias téxtiles”. Houbo mesmo alfombra vermella pola que desfilaron os convidados ao máis puro estilo do Metropolitan cun único código de vestimenta: “0% Inditex, 100% fermose”. 

 

«Queremos confrontarnos con esta megaindustria que copias as creacións dos novos e dos consagrados artistas da moda e que incentiva que esta non sexa vista como unha arte, senón como un produto do capitalismo», explican os responsables da Solaina, Antía Carreira e Sergio Marey. Con esa declaración de intencións, a exposición“Disidencias téxtiles” descóbrenos «diferentes pezas que xogan co espazo creando instalacións onde veremos prendas e accesorios que se achegan máis á escultura que a esa moda comercial que coñecemos», din. Un xeito de dar a coñecer o talento de artistas locais que non se atopan nas grandes urbes capitais e que loitan «por amosar a arte do tecido» e por demostrar que co téxtil se poden crear pezas esculturais e que se pode «vestir arte». 

Entres xs artistas participantes atopamos a  Acoidan Marrero, Chema Díaz, Clandestino, Jhamiluv, MaryGarlic2000, Noumage, La Nutria López, Pre-Nudity, Sergio Marey e Sergio Vidal, para lembrar que «Galizanon é só Inditex, non somos fast-fashion, somos arte e cultura», reivindican desde A Solaina. 

A maioría deles puideron estar presentes na Gala Sol do pasado sábado e desfilar pola alfombra vermella posta para a ocasión. Aquí algunha mostra dos outfits. 

E aquí algunhas imaxes da mostra que estará aberta na Galería Solaina (Rúa San Roque, 50) de Lugo ata o 5 de xuño. 

Na exposición podemos ver a demais a nova instalación de Sergio Marey, titulada "Decreto 79/2010 " na que se denuncia a situación do galego a partir do chamado "decreto para o plurilingüísmo" aprobado nos inicios do goberno de Feijóo. Preséntase con este vídeo feito pola artista audiovisual Inma Veiga con música de Un dos Ancares. 

Tamén che interesa

  • Chema Díaz. O deseñador do Grove viste as Spice Girls no seu retorno

    Deseñador de moda, DJ e emprendedor graduado en estudos ingleses, Chema Díaz (O Grove, 1990) leva un tempo revolucionando a escena queer e hardcore londinense. En xaneiro presentou a súa colección ‘Bandido’ e agora está no equipo creativo que fixo os estilismos para a xira de reencontro das Spice Girls, que comezou a semana pasada cun concerto en Dublín. 

    Moda
  • Melania Freire: arte e moda a partir de panos, cadros e cobertores

    A deseñadora Melania Freire presenta o 24 de xaneiro na pasarela EGO da Madrid Fashion Week a súa colección "Merquei unha postal de David Hockney". Esta artista nacida en Lugo en 1991 conta para VINTE como fixo esta colección e tamén outros proxectos nos que investiga a tradición téxtil das casas galegas (roupa, cobertores e sobre todo panos da cabeza) para traelas á contemporaneidade a través do deseño, da fotografía e da intervención artística.  

    Moda

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.