Algoritmo millennial: a ameaza de facerse adulto en Pontevedra

Nenos protagonistas da película 'Hook' (Steven Spielberg, 1991) © Hook

Nos 90, grandes críticos e cineastas dicían de Tarantino que as súas películas eran unha mestura de referencias e clichés de obras que xa existían. Agora, outra xente di que os millennials non inventamos nada, que non respectamos ós clásicos e que destruímos ou deconstruímos a cultura pop para vendela como algo novo. É curioso, o que eles ven malo, a min paréceme a marca de toda unha xeración.

Creo que ser millennial significa estar na procura do teu lugar no mundo. Diría máis, para min, ser millennial é unha busca constante de identidade. A xeración do faino ti mesmo agocha a un feixe de rapaces e rapazas nun mar de dúbidas. Xa non nos sentimos a gusto neste mundo. Un mundo antigo, pero moderno, máis parecido ó Señor Burns disfrazado de adolescente que a Rosalía. Esiximos respostas que ninguén pode darnos, así que centramos o noso interese en algo máis profundo. Somos idiotas ou hai algo que realmente nos redima como especie? Tranquilos, hai algo: a cultura.

O amor do millennial pola cultura amosa o camiño. Ó longo da historia fomos capaces de facer cousas fermosas e grazas a internet podemos descubrilas todas. Neste momento de introspección, semella que as respostas están no noso interior. Todo o mundo ten un artista dentro. As miñas redes sociais están cheas de xente expresando o que sente. Queremos unha nova perspectiva nun mundo que cheira a pechado. Rexeitamos as actitudes rancias e loitamos para crear o noso espazo de confort. Volvemos atrás para manter vivo ó neno que levamos dentro. Non queremos transformarnos neses puretas que rexeitan os cambios e desfrutan criticando desde a súa parcela de poder. Non queremos, de verdade que non. Pero a conta atrás para ser adultos non deixa de correr. As responsabilidades asoman pola porta como Jack Torrance no Resplandor.

Pontevedra é unha cidade amable para o millennial. Rúas peonís para xogar ó Pokemon Go, parques cunha gran vexetación para favorecer o cruising e a saba santa de todo millennial: botellódromo oficial. Así e todo, Pontevedra non é un reclamo para a nosa xeración, senón para as familias. A priori isto non é nada malo, pero a miña xeración sofre.

Non teñades medo, compañeiros. Desde Pontevedra fago un chamamento para acoller a todos os millennials que sintan o calor da madurez axexando na noite. Convirtamos Pontevedra no país de Nunca Xamais. O paraíso dos nostálxicos, o refuxio das almas perdidas no mundo dos adultos. Sexamos claros: o choio dos millennials vai rematar. Somos os seguintes na cola do maldito neno que che di “señor” por primeira vez. Aproveitemos o tempo e salvemos o noso dereito a non medrar nunca.

Pontevedra é unha cidade amable para o millennial. Rúas peonís para xogar ó Pokemon Go, parques cunha gran vexetación para favorecer o cruising e a saba santa de todo millennial: botellódromo oficial. Así e todo, Pontevedra non é un reclamo para a nosa xeración, senón para as familias. A priori isto non é nada malo, pero a miña xeración sofre. Cada vez que vexo un coche de bebé teño unha crise existencial. Ver a xente adulta facendo cousas de adulto é a nosa kryptonita. Temos que reclamar o noso espazo de confort e Pontevedra pode ser a nova terra dos nenos perdidos.

Queremos cambiar o mundo, pero o tempo xoga na nosa contra. A seguinte xeración achucha e temos que aproveitar o tirón. Unámonos para crear o algoritmo millennial. Unha rede única, instalada nunha cidade que representará a modernidade. Wifi gratuíto, fío musical con trap 24/7 e nostalxia por un tubo. A gran obra da nosa xeración será a cidade do futuro. Deixemos que a humanidade viva no seu meme. Nós temos traballo que facer. Espérovos en Pontevedra.

Óscar Cruz

Óscar Cruz

Guionista que quere ser como Billy Wilder. Vivo pola comedia.

A boa vila

  • Vinte en Pontevedra con Cuchillo de fuego

    Damos unha volta pola capital do Lérez con dous dos seus veciños, compoñentes da Cuchillo de fuego, que editou o ano pasado o disco 'Megavedra'. Con eles falamos da cidade, de música, do videoclip que gravaron en Wakaliwood cun director de Uganda e do 'beef' amistoso que lle botan a outro grupo, Oh! Ayatollah, pola similitude temática entre algunha das súas cancións.

    Lugares
  • O Xurado Novo fala da súa experiencia no Novos Cinemas de Pontevedra

    O Xurado Novo do Festival Novos Cinemas de Pontevedra estivo formado por estudantes do Campus de Pontevedra, e entregaron o Premio do Xurado Novo á Mellor Dirección. Ricardo Araújo, Noemi Parga e Pedro Ferrari, falaron para VINTE da súa experiencia e das películas gañadoras. Podemos velo nesta entrevista feita por Cristina Yáñez, Andrea Alonso, Elena Fontoira, e Cibrán Tenreiro.

    Cinema

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.