Música

Un domingo no Barbanza con Soleá Morente e Isa Cea

“Domingos” é a canción de Soleá Morente na que a acompaña Isa Cea, de Triángulo de Amor Bizarro, e coa que acaban de estrear un videoclip rodado no Barbanza baixo a dirección de Isaki Lacuesta. Toda unha cerimonia na que tamén hai aparicións especiais como as de Iria Pinheiro e Toño Chouza.

 

Vestidas cun traxe de noiva, Soleá Morente e Isa Cea camiñan entre as mariscadoras e percorren o Castro de Baroña como todos los domingos, tú pensando en escaparte y yo en escaparme contigo.

 

Isaki Lacuesta filma espazos cheos de simbolismo, con reminiscencias eclesiásticas que se mesturan coas redes de pesca, para esta canción de Soleá Morente, coa que pecha a etapa do disco Aurora y Enrique

 

Soleá Morente actúa o xoves 30 no After Surf en Oleiros, o venres 1 de xullo no Terraceo do Auditorio Mar de Vigo e abre o Atlantic Pride na Coruña o domingo 3 desde a Fundación Luis Seoane.

Créditos

Canción: “Domingos”, do álbum Aurora y Enrique, de Soleá Morente 

Coa colaboración de Isa Cea, de Triángulo de Amor Bizarro

Editado por Elefant Records

 

Dirección: Isaki Lacuesta

Produción: Toño Chouza

Manager de produción: Pablo Chouza 

Runners: Susana Saavedra e Luis Avilés 

DOP: Adriana Vila Guevara 

Asistente de cámara: Sara Hermo 

Estilismo: Iboyka Kubala 

Maquillaxe: Jacinta del Solar

Asistente de Soleá: Aitana March 

Reparto: Iria Pinheiro, Aitana March, Iboyka Kubala, Jacinta del Solar, Susana Saavedra e Toño Chouza 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.