Presentamos en exclusiva o videoclip da 'Negra sombra' na versión electrogótica de AL-V

A comezos do verán x artista barcelonesx AL-V, queer e charnegx de orixe galega, presentaba o seu primeiro EP, '(Non quero morrer)' con temazos como "Hórreo", "Los cuervos", ou unha versión da Negra Sombra de Rosallia de Castro e Xoán Montes que nos encandilou e da que agora presenta este vídeo. 

 

Tal e como conta AL-V en primicia para VINTE: «Gústanos pensar que –volvendo correr o risco de blasfemar a súa imaxe–, démoslle vida a unha Rosalía que ben se podería atopar nun filme de vampiros. Invertindo o seu tormento: a morte sempre asexando, a hora nunca chega, o tormento é infinito, é a sombra doutro día máis de vida eterna. Unha idea 100% romántica reforzada no estético, desde a roupa –esta capa-vestido que deseñamos xunto ao deseñador (e amigo) Joan Ros–, ata a maquillaxe ou a fotografía, pero incluso también no interpretativo, por referentes moi cinematográficos, desde o expresionismo alemán á teatralidade de 'Eduardo II' (1991) ou a obviedade do 'Drácula' de Bram Stoker. Ou, se digo a verdade, vivindo a miña fantasía máis absoluta de ser un pouco Helena Bonham Carter. Por certo, a peza que levo ao final do clip, de cadros vichy, é de RUBEARTH, deseñador galego gañador do Mercedes Benz Fashion Talent 2021».

Créditos

Dirección: Aleix Rodón 

Produción executiva: Almudena Monzú, Andrea H. Catalá, Javier Ferreiro

Amor y Lujo, 2021

 

 ***** 

 

AL-V - Negra Sombra (2021) 

Producida por Marco Henri 

Arranxos vocais: Alex Marteen , VAN17INO6

Mix & master: Joaco Fuksbrauner 

Publicada por Snap! Clap! Club 

Tamén che interesa

  • AL-V. Unha 'Negra sombra' queer, charnega e hyperpop

    Quería falar da morte no seu primeiro EP e titulouno '(Non quero morrer)'. En galego porque este tema, a morte, levábao á súa orixe familiar. Seus avós emigraron da Pobra de Trives a Barcelona na posguerra e nin AL-V nin a súa nai herdaron a lingua ou apenas un anaco de terra na aldea ourensá. Así que Alverd Gual-Cibeira tivo que recuperar pola súa conta esas raíces e reconecta con elas a través da música electrónica usando, non sen reparos, algúns dos clixés do imaxinario popular galaico.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.