Música

"Planeador". Jëan Fixx converte a periferia da Coruña nunha distópica pista de baile

"Planeador" é o primeiro single de 2084, o LP co que debuta Jëan Fixx, o alter ego musical do artista multidisciplinar Félix Fernández, que o define como «un alegato épico para a cohesión social en clave de música para a pista de baile». O vídeoclip promocional que o acompaña, ideado e dirixido por el mesmo, amósanos «unha sociedade completamente militarizada nun tempo indeterminado», se ben podemos identificar paraxes do perímetro urbano da Coruña próximas a San Pedro de Visma ou o parque de Bens. 

 

«O discorrer das imaxes descóbrenos un momento de crise a xeito de operación de rescate, no que restaurar os vínculos arrasados por unha catástrofe global que deixou as persoas nunha situación de vulnerabilidade absoluta como entes atomizados desconectados da súa esencia relacional. O motor implacable de "Planeador" mergúllanos nunha pasaxe musical de inspiración electro onde un sintetizador retrofuturista se deixa caer esperando unha aterraxe suave, gloriosa e sedante para a reunificación social.»
 

Este tema musical foi deseñado para TECHNOCRACIA, unha obra de danza colectiva/comunitaria creada por Cris Balboa, Félix Fernández e Manuel Parra e producida por FUNBOA ESCÉNICA.

Créditos

O single “Planeador” está publicado no selo discográfico de RUIDO DE FONDO, axencia de booking ESQUIO, vídeoclip realizado coa colaboración de SINCRO AUDIOVISUAL na produción técnica.


 

Félix Fernández / idea orixinal, dirección, vestiario, produción e interpretación.


 

Omar Romero / Foquista, montaxe, edición, etalonaxe.

Pablo Lourido / Operador de cámara.

Francisco Martínez Rozas / mestura, masterización.

Mahoney / Produción técnica, asistente dirección.


 

Bailarinas Waacking / Iria Casal e Diana Montserrat.


 

Estrelas invitadas / Cris Balboa, Pelagio Armenta, Sergio Suárez, Ana Corujo, Lara Buyo e Fabián Ben.

Este video contou cunha das axudas á creación do Concello da Coruña para a súq realización.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.