Os 20 do XX. Capitulo 5 - Vinte no fútbol

Nos vinte do século pasado o fútbol masculino en Galicia acada a profesionalización e dá un gran salto de calidade. Nacen equipos como o Racing de Ferrol ou o Celta de Vigo, e tamén a rivalidade entre este e o Deportivo da Coruña. Nesta década ademais créase a primeira selección galega e o fútbol feminino tamén xoga os seus primeiros encontros, con iniciativas pioneiras como o Irene FC da Coruña. Co episodio sobre o fútbol rematamos OS 20 DO XX, serie escrita e dirixida por Antón Varela para explicarnos como era Galicia hai cen anos. 

Créditos

Escrita e dirixida por Antón Varela.

Narración: Lucía Aldao.

En entregas anteriores

  • Vinte no patio Os 20 do XX

    Os 20 do XX. Capitulo 1 - Unha ollada a Galicia

    Como era a Galicia dos anos 20 do século XX? Nesta serie de vídeos explicativos animados botámoslle unha ollada á sociedade galega de hai 100 anos. Comezamos por unha visión panorámica á poboación, a economía a política e a sociedade deses anos, marcada pola emigración, o movemento agrarista, a ditadura de Primo de Rivera, o crecente desenvolvemento das cidades e a escasa presenza das mulleres na vida pública. Escrita e dirixida por Antón Varela. Voz en off: Lucía Aldao.

    Os 20 do XX
  • Vinte no patio Os 20 do XX

    Os 20 do XX. Capítulo 2 - As Irmandades da Fala

    Nesta segunda entrega de 'Os 20 do XX' afondamos na consolidación do nacionalismo galego a través das Irmandades da Fala. Coas sucesivas Asembleas Nacionalistas coñecemos os debates que se deron durante estes anos, con posicións xa daquela encontradas entre o culturalismo e a acción política e co protagonismo de Lois Peña Novo, os irmáns Vilar Ponte, Vicente Risco ou Castelao. 

  • Vinte no patio Os 20 do XX

    OS 20 do XX. Capítulo 3 - Literatura e teatro

    O crecemento do sistema educativo e a extensión da alfabetización fomentaron a aparición dun público para a literatura e o espectáculo teatral. Consolidouse así unha camada de intelectuais que detectaron a necesidade de desenvolver un teatro e unha prosa en galego, e unha rede de empresas editoriais que as potenciasen. A pesar de todos os obstáculos, nesta década a literatura galega vai facer un camiño que non permitirá a volta atrás.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.