OS 20 do XX. Capítulo 3 - Literatura e teatro

O crecemento do sistema educativo e a extensión da alfabetización fomentaron a aparición dun público para a literatura e o espectáculo teatral. Consolidouse así unha camada de intelectuais que detectaron a necesidade de desenvolver un teatro e unha prosa en galego, e unha rede de empresas editoriais que as potenciasen. A pesar de todos os obstáculos, nesta década a literatura galega vai facer un camiño que non permitirá a volta atrás.

Créditos

"Os 20 do XX" é unha serie de vídeos explicativos animados escrita e dirixida por Antón Varela.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.