Os 20 do XX. Capítulo 2 - As Irmandades da Fala
Nesta segunda entrega de 'Os 20 do XX' afondamos na consolidación do nacionalismo galego a través das Irmandades da Fala. Coas sucesivas Asembleas Nacionalistas coñecemos os debates que se deron durante estes anos, con posicións xa daquela encontradas entre o culturalismo e a acción política e co protagonismo de Lois Peña Novo, os irmáns Vilar Ponte, Vicente Risco ou Castelao.
Créditos
Escrita e dirixida por Antón Varela. Voz en off: Lucía Aldao.