Café Derby 21. Lucia Regueiro, telerrealidade e os xemelgos das reformas

Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é unha cámara. Se esta vida, este momento, é entretemento para outra xente, quizais marcianos, que nos observan como un espectáculo, unha serie. De feito, moitxs de nós bromeamos coas «temporadas da nosa vida», na que chega e vaise xente como unha personaxe e as cousas son xiros argumentais.

 

Isto xa existe na nosa vida e chámase telerrealidade, adopta diferentes formatos e bate récords de audiencia. Sobre isto falamos coa presentadora e actriz Lucía Regueiro, que vén de estrearse con A Sariña busca pretendentes. Con ela reflexionamos sobre a veracidade dos feitos, o posible guión e as tripas da televisión.

 

Tamén parolamos de como coordinar vida e familia, iso que lle din conciliación, de como ela puido facelo logo de dar a luz, de ser presentadora en Galicia, do espazo feminino perdido nas pantallas e concursos ou sobre os formatos de preguntas e charla culturais.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

En Cafés anteriores

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.