Café Derby 21. Lucía Aldao, facer un dúo e levar o neno a judo

Esta semana achegámonos ata a cidade da Coruña, ao Café Universal, para celebrar o terceiro aniversario de Vinte e, de paso, facer un pouco do noso, do espectáculo. Para manter o lestón alto, acorde á ocasión cun selecto público, contamos coa poeta e cantautora Lucía Aldao, que vén de publicar o seu debut en soitario pero que continúa co seu dúo Aldaolado. Con ela falamos precisamente de parellas pero non románticas, senón desas persoas que son case como células dun mesmo. 

Tamén abordamos algunhas das polémicas da semana, como as amizades da infancia ou conservar amigos pese a todas as diferenzas. Para rematar, quixemos aproveitar a ocasión para abordar iso chamado coruñismo, que non El Coruño. Todo isto intercalando anécdotas a gusto de todxs, como sempre.

Grazas a todas as persoas que viñeron vernos en directo e ao resto: axiña teredes oportunidades de facelo. 💖

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

Tamén che interesa

  • ‘Casa!’ O lugar seguro de Aldaolado

    Tantos anos xirando por Galicia e polo estranxeiro, tantos ‘bolos’ nos que conviven a poesía, o humor e a música, e Aldaolado, o dúo formado polas poetas Lucía Aldao e María Lado, aínda non tiña ningún álbum gravado. Agora presentan ‘Casa!’, o seu primeiro traballo discográfico, un EP con media ducia de cancións que o público dos seus concertos máis recentes xa tivo ocasión de escoitar. Imos debullalas coa axuda das súas creadoras. 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.