Café Derby 21. Le Petit Patito, o poder do odio e o negocio do autocoidado

Ai, o odio! Esa forza da natureza que experimentamos todxs nós de vez en cando conducindo, na cola do supermercado ou cando alguén evita unha discusións. Pequenos instantes na vida nos que comprendemos a todos os malvados das series de debuxos, acabarei co mundo porque é máis sinxelo que acabar con isto que sinto.

 

Para falar de odio, frustración e sentimentos falsamente negativos contamos con Laura Pato, arquitecta e ilustradora coñecida como Le Petit Patito, que vén a ensinarnos como monetizar ese noxo contra a xente que dá ídem ou a frustración que nos xera a rutina. E a loitar contra toda a filosofía positivista que, en realidade, tanto mal nos fai á cabeza.

 

Tamén conversamos sobre o seu antirromanticismo, a morte do amor romántico en si mesmo, os xestos «de cabaleiros», agasallos fallidos e por qué Os Simpsons son tan importantes para ela, para nós, e para unha xeración.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.

En cafés anteriores

  • Café Derby 21. Ismael Ramos, amizade e o Chanel de Marge Simpson

    A amizade leva inspirada moita arte, desde cadros a cancións, pero todos temos próximas as series de televisión. De feito, da amizade hai moito dito pero tamén moito silencio arredor das partes escuras. Para esclarecer un pouco e perfeccionar o que é un amigo ou amiga, contamos hoxe co poeta Ismael Ramos, que vén de publicar a segunda edición do seu libro Lixeiro, no que a amizade xoga un papel central nos temas dos seus versos. De feito, inspírase nos seus propios amigos.

    Podcast
  • Café Derby 21. Lucía Estévez, traballo e o fracaso do Mestre Mateo

    O Festival Internacional de Cine de Xixón anunciou que estreará na súa sección oficial a curta 'O niño dos paxaros', obra que reflexiona sobre a vida laboral e o propio acto de traballar, entre outras cousas. Para reflexionar sobre isto contamos hoxe coa súa directora e gañadora dun premio Mestre Mateo, Lucía Estévez, que vén contar e opinar sobre todo o que supón o emprego para a súa ficción pero tamén na súa propia vida. De paso nós tamén parolamos sobre as nosas experiencias. Horarios, vacacións, traballos non (ou sobre) cualificados, corpos destrozados, saúde mental. Todo ata a xubilación.

  • Vinte no patio

    Café Derby 21. Carolina Iglesias, válidas e chistes de mariquitas

    A semana pasada recibiu xunto a Victoria Martín o premio Ondas a mellor podcast nacional por «Estirando el chicle», xusto no día que íamos gravar. De feito Carles Francino roubounos a exclusiva pero non lle gardamos rencor. Iso non nos impediu preguntarlle a Carolina por ese galardón, agora xa con máis reflexión, e xunto a ela quixemos abrir varios melóns: a validación externa, atopar empatía e comunidade nos discursos de outros, a visibilidade do diferente, o humor e as súas consecuencia, chistes de sogras, a nostalxia tóxica ou por que se empeñan en facer remakes sen sentido de cousas vellas. Pero o certo é que falar, falamos de moitas tantas cousas.

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.