Café Derby 21. Xosé Ramón Gayoso e Ana Gayoso: consellos de vida e lanzar martelos
O podcast Café Derby 21 comeza unha nova temporada e faino da man de VINTE. Benvidos!
Antes de iniciar esta nova andaina Nico Carreira, Carme D. Prol e Adrián Lede quixeron quentar motores pedíndolle consello a unha eminencia do entretemento e a comunicación: Xose Ramón Gayoso. Así que diso vai este episodio a xeito de posta a punto: «recibimos case unha masterclass e xunto a el aprendemos sobre bondade, humildade e todo o necesario para sobrevivir tantos anos no número #1. Tamén comentamos os seus inicios no atletismo e todo o referido ao Universo Luar: desde a Miss Vaca viral deste ano aos duetos estelares que tiveron lugar na TVG durante décadas». Ademais quixeron darlle unha sorpresa «e convidamos tamén a Ana Gayoso, a súa filla, para falar da súa infancia, da fama como concepto ou desa cara B que toda persoa ten, máis aínda unha icona pop como seu pai».
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.