Arquivar. Un vídeo ensaio contra o esquecemento visual

Na actualidade, Galicia está a vivir un esquecemento visual. Contrapoñendo o contexto dixital actual e as imaxes de arquivo, este video-ensaio de Brais Romero quere interpelar a autores, políticos e tamén espectadores a participar dunha posta en valor do patrimonio propio. "Arquivar" busca ser unha chamada á acción para aproveitar o espazo da rede como un lugar onde, non só almacenar e conservar o patrimonio audiovisual, senón onde consumir, consultar e recuperar as imaxes propias do cinema galego. Sen espectadores non hai cinema.

Créditos

Brais Romero

Tamén che interesa

  • De Lomax a YouTube. Arquivando a música na era dixital

    A finais de marzo, a MICE do Museo do Pobo Galego xuntaba en Conxo a xente do Arquivo da CRTVG, do proxecto A Música Portuguesa a Gostar Dela Própria, de Prenom Arquivo e do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade para falar sobre música e os seus diferentes enfoques á hora de arquivala. Moderouno Cibrán Tenreiro, que recupera aquí impresións e ideas.

    Pantallas

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.