Vinte estrea o videoclip de "Unha foto". Amoebo déixase levar pola paixón
«Unha foto máis e arranco, unha foto máis e aí que vou». En Vinte estreamos o videoclip de "Unha foto", o derradeiro adianto do disco Escándalo no escuro de Amoebo, que verá a luz no mes de marzo.
Un tema intenso, enérxico e que non deixa respirar, en palabras do líder da banda Aaron Valle, quen destaca que a sonoridade máis escura desta canción avanza o que se vai poder escoitar no novo álbum. «Non está falto de controversia porque a letra é picante e explícita, sempre nos gusta manternos aí na marxe do politicamente correcto», conta Aaron Valle sobre o tema, que vén acompañado por un videoclip dirixido por Héctor Gómez e rodado na escola de danza Tempo 154.
Créditos
Composición e interpretación: Aaron Valle (Amoebo)
Lyrics: Aaron Valle (Amoebo)
Producción, mix e master: David Fernández (Daiv)
Dirección e edición do videoclip: Héctor Gómez
Operadora de cámara: Marta Rodríguez
Ubicación: Tempo 154 (Escola de danza)