Vinte almorzando con Cris Iglesias

Este está a ser o ano de Cris Iglesias. Finalista como mellor actriz nos Mestre Mateo por 'Eroski Paraíso' e nos María Casares por 'Liberto'. Premiada xa polo seu papel protagonista en '16 de decembro'. Xirando por Galicia coa versión teatral de 'Fariña' e na televisións de Galicia e Portugal con 'Auga Seca'. Estivemos almorzando con ela e con Deleite para regresar ao barrio onde se criou e onde empezou todo: a Agra do Orzán na Coruña, cunha sesión fotográfica, estilismo e de todo.

Créditos

Redacción: María Yáñez

Realización: Damián Varela, Belén G. Ojea

Montaxe: Belén G. Ojea

Música: Xavi Font

Estilismo e fotografía: Tamara de la Fuente

Maquillaxe e peiteado: Esther Souto

VINTE ALMORZANDO é unha serie feita en colaboración con Deleite.

En colaboración con

Mira tamén

  • Cris Iglesias. Compromiso, talento e orgullo de barrio

    “Esta vida pide outra” é o lema Cris Iglesias (A Coruña, 1993), unha actriz chea de enerxía e amor polo escenario que nunca esquecerá o 2019 como o ano no que consolidou a súa carreira traballando en cine, teatro e televisión. Como tampuco esquece o barrio onde se criou, a Agra do Orzán. Regresamos con ela á rúa Barcelona para retratala nese universo obreiro que acolleu milleiros de persoas procedentes do rural galego e tamén de moitas partes do mundo. 

    Escena

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.