"Lille". 12 horas de viaxe por Europa no novo single de Cró!

'Lille' é o primeiro single en galego do que será o novo álbum da banda Cró!, titulado 'Buah!' que verá a luz o 29 de abril da man de Spinda Records e Kill Vinyl records.

Lille é a cidade francesa onde Cró! deu un concerto surrealista nunha pizzería-karaoke para entre dúas e ningunha persoa. Despois de tal “abrumador éxito” aceptaron os cinco bolos de pan que unha empregada enfornou para eles e partiron, sen durmir, na furgoneta cara ao mar do norte. Unha viaxe de 12h que os levaría ata a Zapanalle, un festival no que, cunha gran acollida, venderían máis de 200 discos nunha noite e tocarían xunto aos míticos Magma. 

O tema narra os diferentes divertimentos que tiñan lugar na furgoneta para non aburrirse, dicir os 50 estados de USA, facer pequenas peliculas, dicir o “A” máis curto do mundo ou facer xogos de maxia. Finalmente, despois de toda a noite conducindo, chegarían a Zapanalle, o seu particular Valhalla.

Créditos

Música: Cró!  Gravado por Pablo Iglesias en Radar Estudios (Vigo, Spain) 

Vídeo: Cró!

Tamén che interesa

  • "Buah!". Novo tema e vídeo de Cró!

    Cró!, a banda saída do colectivo Metamovida, lanza 1 de setembro un novo sinxelo, "Buah!",  o primeiro tema do que será o 6º album dos vigueses, que tras máis de 10 anos xuntos seguen a experimentar as posibilidades do rock. A canción fai parte do recompilatorio 'Grados. Minutos. Segundos' no que o selo gaditano Spinda Records fai unha viaxe sonora que conecta 24 bandas españolas en plena efervescencia (e do que xa presentamos a "Muiñeira da Maruxaina" de Moura). 

  • 'Póutega'. Estreamos o novo videoclip de Trilitrate

    Os vigueses Trilitrate andan a presentar o seu novo disco, Está de grelo, e hoxe estrean con VINTE o vídeo dunha das súas cancións, Póutega, composición de Pablo Rivero, quen colabora tamén poñendo a voz. «Na súa orixe ía ser instrumental e Pablo engadiulle esta extraordinaria e sombriza letra máis tarde. Pasar da guitarra ao oud e a idea do arranxo instrumental foi probablemente a faísca que prendeu a mecha da nosa creatividade para pechar a peza», explican. «Póutega é o nome galego da Cytinus Hypocistis, unha planta parasita da contorna mediterránea que xera pequenas floriñas. Que incrible sorte temos de poder facer cousas así cun coloso como Pablo!»

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.