FAN FAN: Peregrinando (parte 2)

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan. Este episodio continúa o anterior e segue indagando sobre as peregrinacións motivadas polo fandom, pero desta volta lonxe dos cemiterios. Máis ben, exploramos o impulso de petarlle na porta ás persoas que admiramos, e o de ver os lugares polos que pasaron para entender a súa perspectiva: a viaxe lévanos así por Londres, Nova York ou Washington, pero tamén máis preto da casa a ver Quins, Ourense ou Pontevedra. 

Créditos

Falamos (entre outra xente) de Mac de Marco, Emilio José, Cuchillo de Fuego, Fugazi ou Ramón Otero Pedrayo. Interveñen Juan Esturao, Martiño Suárez e Adrián Estévez, e soan, ademais dos citados, Television Personalities, St. Etienne, os Ramones, Columna Vegana, Cecilia, A charanga do Cuco de Velle e George Harrison.

Escoita a primeira parte

  • Fan Fan

    FAN FAN: Peregrinando (parte 1)

    FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan. Este episodio é o primeiro dunha dupla que trata a que pode ser unha das accións máis representativas do fandom: a peregrinación. No mundo hai miles de lugares aos que viaxan fans buscando a esencia dun referente ou coa pretensión de renderlle tributo. Ás veces son casas-museo, tumbas ou monumentos, outras son lugares de rodaxe ou sitios dos que se falaba en cancións e libros...

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.