“Existiu unha gran diva pop...”: por que nos encanta o tráiler de 'KIRO'
Cun aire de descuberta inédita case arqueolóxica comeza o tráiler de KIRO, a película sobre Ana Kiro, dirixida por María Yáñez, que está a percorrer festivais e chegará aos cinemas o 11 de decembro.
O adianto pon a énfase nese feito de que mentres milleiros de galegos por todo o mundo celebraban e bailaban coa gran diva pop, Ana Kiro era totalmente descoñecida para o resto. “Entre 1975 e 2000 foi a artista galega máis editada”, di Meiga-i. Iso, cantando en galego daquela, que non era habitual.
Existe tamén unha certa de polémica política ao redor da súa figura pero Ana Kiro “nunca foi explícita e nunca pagou o prezo de selo”, explica SÉS.
O de Kiro ía máis de pachanga e seguro que gustaría á mocidade máis verbeneira de hoxe en día.
Créditos
Unha produción de Miramemira, Zuzú Cinema e Amorambre con distribución de Baños Films e Projectfilms.
Guión: María Yáñez, Cibrán Tenreiro, María Villamarín, Carlos Prieto
Produción executiva: Andrea Vázquez
Producida por: Andrea Vázquez, Xavi Font
Dirección de fotografía: Alicia Francés
Dirección de arte: Uxía P. Vaello, Ania Chwaliszewska
Montaxe: Carlos Prieto
Deseño sonoro: David Machado
Deseño gráfico: Equipo Sopa