'Duolingo'. Un tema para aprender sueco no móbil

Intentarei falar máis e estar menos ausente. Breogán Xague (Vigo, 1999) debutou na música co álbum XAGUE1, editado con A Regueifa Plataforma 2.0 o ano pasado. O 24 abril presentará unha segunda parte, Xague2, pois o pintor e escultor concibiu este proxecto musical como unha triloxía. As súas cancións seguen fuxindo de etiquetas, nunha mestura de sons oníricos. "Duolingo", como a aplicación para aprender idiomas, é o adianto que vén de presentar o artista vigués, que segue residindo en Suecia. 

Créditos

Primeiro single do disco Xague2 

 

Música composta, producida e interpretada por Breogán Xague

 

Videolyric dirixido por Noa Costas

 

Editado ao abeiro d'A Regueifa Plataforma 2.0 e baixo o colectivo Cantam808

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.