Claustrofobia. Xaime Miranda asina o videoclip que anticipa o disco de Rodrigo Ramos
«"Claustrofobia" é unha canción que fala do medo á perda, das fobias, da morte, da soidade e a nostalxia», asegura o cantautor Rodrigo Ramos sobre este tema que dará nome ao disco que sairá en xaneiro de 2023 da man de Esmerarte e para o que contou con Xaime Miranda para a creación dun videoclip protagonizado por Víctor Fábregas e Adrián Ríos.
Claustrofibia é un álbum gravado entre os estudios Planta Sónica de Vigo e os estudios Mans da Coruña que achegará dez novas cancións do artista, catro delas en galego e seis en castelán, como "Para Decir Adiós", o primeiro adianto deste novo traballo.
Créditos
Unha produción de Esmerarte Industrias Creativas
Dirección e edición: Xaime Miranda
Actores: Víctor Fábregas e Adrián Ríos
Produción: Andrés Nadal
Axudante de produción: Lucía Ramiro
Director de fotografía: Arián Quinteiro
Vestiario e maquillaxe: Paula Grandal
1st AC: Bastian Rodríguez
Gaffer: Alex Aleixo Koch
Agradecementos: Octavio Villazala.