Chicharras. Catuxa Salom leva a súa música de raíz á infancia

"Chicharras" é o último clip de adianto do EP debut de Catuxa Salom, un canto ás orixes e ás lembranzas dos veráns da infancia. Fusión folktrónica que nace das raíces nativoarxentinas da artista: «Veño dunha terra que canta al son de la chacarera; me llevo su vida y su gracia, pero también me llevé su guerra».

O novo single desborda aires de folclore arxentino ao son do bombo leguero e as frautas andinas, un tema híbrido que mestura o galego e o castelán; a música de raíz con pinceladas de electrónica. O videoclip leva a sinatua de Garagem e conta con Ela de Estela na dirección artística. O 21 de novembro Catuxa Salom lanzará o seu primeiro EP, Nunha aldea, co que percorreu os escenarios de Galicia os últimos meses.

Créditos

Música e letra: Catuxa Salom

Idea orixinal: Ela de Estela e Catuxa Salom

Director: Pedro E. Semedo

Dirección artística: Ela de Estela

Dirección de fotografía: Mario Guilherme

Gaffer: Manuel Lino

Deseño de vestiario: Ela de Estela

Deseño de escenografía: Ela de Estela

Bailarinxs: Beatriz del Monte e Marcos Martincano

Maquillaxe: Zoe Martínez

Axudante de produción: Borja Rodriguez Muñoz

Produción musical: Marcos Bayón en Prasat Bayón Estudio

Mastering: WaveUp Mastering

Produción: Garagem

Apoio: A Gráfica e Ricardo Amaral

Máis Vinte

  • Catuxa Salom presenta desde A Pontenova o seu primeiro videoclip, "Nunha aldea"

    Catuxa Salom, artista nacida en Vilagarcía con raíces arxentinas, foi das que coa pandemia deixou Madrid para vir vivir ao rural, neste caso a unha aldea de dez veciños no concello lugués da Pontenova. E desde alí nos ofrece este primeiro videoclip, "Nunha aldea", no que leva ao máximo expoñente a súa fusión folktrónica con ritmos tribais latinoamericanos, e todo un manifesto na letra: «Prefiro plantar uns allos que traballar pa calquera».

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.