Vinte imaxes do Son do Camiño
Nun festival tan grande e variado como o Son do Camiño xúntase moita xente. Cada unha coa súa historia e coas súas circunstancias, e por suposto, cos seus gustos. Uns ían por David Guetta e outros por Iggy Pop, pero todos tiñan en común algo: as ganas de disfrutar. Fixemos esta galería co público e traballadores do festival. Dalgunha persoa sabemos o nome e as circunstancias. E doutras non, desculpádenos. Con todo aquí vai esta colección de imaxes do festival, 20 de VINTE, feitas por Tamara de la Fuente.

01Rita Cecilia
Rita Cecilia está estudando pero xa fai traballos de modelo. No Son do Camiño presentouse con esta incrible maquillaxe.
02Manu
Traballar no festival implica ir preparado para o que poida suceder, pero non quere dicir que non se poida ir orixinal. Aquí Manu Fuentes.
03Noelia
A maquillaxe con pedriñas na cara foi xeneralizada. Noelia López seguiu a tendencia.
04Carolina
Carolina Alonso, estudante, quixo posar co seu amigo.
05Berta
Berta Pan, coma auténtica fan de Baiuca, escribiu o nome da banda con pedriñas no seu peito.
06Berta and friends
Berta e os seus amigos posaron así de sorrintes para nós no momento previo a actuación de Bad Gyal.
07O da cervexa
Este rapaz, e toda a xente que fixo este traballo merece o ceo.
08Sonia
Sonia Roca, enfermeira de profesión, acudiu ao festival con este look tan chulo.
09A vitoria
Este rapaz fíxonos o signo da vitoria. Había moitas ganas de festa e así o demostraba a xente.
10A Bandeira LGTB
Unha das bandeiras máis vistas no festival, a bandeira LGTB.
11Fans de David Guetta
David Guetta tiña moitos fans entre o público, como se ve nesta imaxe.
12Alejandro
A imaxe da felicidade. Alejandro ou "Reco", como lle chama a xente, pasouno moi ben cos concertos de Bastille ou The Hives.
13A bandeira
A estreleira foi outra das bandeiras máis vistas. Este rapaz, ao igual que Eme DJ despois, levábaa ben visible.
14Coachela
Por momentos aquilo parecía Coachela. Dicímolo para ben, eh.
15As luces
A medida que o sol ía caendo a xente sacou o lucerío deixando estampas tan bonitas coma esta.
16Máis lucerío
Outra imaxe das luces que levaba a xente.
17A entrada
Xente na entrada do festival.
18Deportivo
A vitoria do Deportivo sobre o Málaga na promoción a primeira división fixo que houbese moitas camisetas do equipo coruñés entre o público.
19Mirando ao ceo
Non, toda esta xente non miraba para unha actuación, miraba para un tipo que andaba facendo piruetas en parapente polo aire. Cousas da publicidade de bebidas enerxéticas.
20O abrazo
E finalmente a tenrura apareceu no festival.