20 anos do Lost in Sound

Matías Tarrío

A finais dos 90 en Galicia a música electrónica de baile era absolutamente masiva en todas as discotecas. Ata na última vila ou aldea había un pub que poñía o que daquela chamabamos "bakalao". Pero a maiores empezaba a nacer unha escena underground que recollía as novas tendencias que viñan do estranxeiro: clubs e pequenos festivais que estaban ao tanto do que se facía en Europa e EEUU. Neste contexto é cando aparece  Lost in sound e de súpeto os DJs, a imaxe, e os discos (CDs daquela) de discoteca chegan ao museo. Unha forma de descubrir novas tendencias, e tamén, de poñer en valor toda esa cultura. 20 anos despois poderemos celebralo o 15 e o 16 de febreiro no  CGAC con 20 anos do Lost in sound. Pódese consultar o programa aquí.

En VINTE somos máis de celebrar estas efemérides con galerías fotográficas. Así que aquí están, 20 anos despois, as imaxes que todos queredes ver: estilismos, DJs e bailes na Galicia do ano 1999. Todas as imaxes foron cedidas polo CGAC.

  • 01

    Ernesto Gómez, dj residente no 7-4 de Vigo naquel momento, poñendo discos. Vaia caixaza de CDs. Era o moderno daquela.

  • 02

    Xente bailando. Como internet non estaba popularizado daquela ninguén quería posar para que o viran despois. E si, aínda se levaban os pantalóns de campá, tan propios dos 90.

  • 03

    Ata 60 CDs, repartidos en 6 reproductores, puxeron no CGAC para os visitantes escoitaren músicas relacionadas coa exposición. Non era nada fácil escoitar algunhas cousas en 1999. Recordemos que non había Spotify.

  • 04

    Na cafetería do CGAC tamén puxeron unha jukebox. Isto daquela xa era vintage tamén.

  • 05

    Victor Flores picando discos. Tiña 25 anos nese momento, e era residente no Vademecum, en Vigo. Recordádelo?

  • 06

    Doc Manhattan e Javi Pez, a catro mans. E alguén cunha camiseta de Cuac FM.

  • 07

    Colectivo Musical Autónomo. Utilizando un superordenador da época.

  • 08

    Belén Montero e Juan Lesta (DSK) facendo unha instalación no vestíbulo do CGAC. Moi coñecidos no audiovisual e cunha longa e exitosa traxectoria. Está case de costas, pero parece que Juan está exactamente igual, non?

  • 09

    Jan-Peter E. R. Sonntag/Modern Minimal Disco. Detrás pican discos Ciutbros e Dídac P. Lagarriga. A instalación era para que os visitantes a utilizasen e subiran a escoitar e bailar. Aínda non se inventaran as regretas con tecla vermella  de apagado.

  • 10

    Carlos Ordóñez, ou máis coñecido como Prozack, un dos músicos galegos máis importantes no referido á electrónica. O look xa case pasaba por moderno agora.

  • 11

    Un novísimo Chiu Longina cunha pantalla IBM das de verdade, das que mandan, non as que hai agora.

  • 12

    Tamén se impartiron talleres, como este de Amparo Porta, dirixido a mestres de secundaria.

  • 13

    Tamén houbo programa de vídeo, con proxeccións moi variadas. E con butacas ben cómodas.

  • 14

    Montse Rego creou diferentes obxectos para a exposición, como estas butacas.

  • 15

    Félix González Torres. Tarima de baile gogó. A tope!

  • 16

    Cartel de 20 anos do Lost in sound.

Matías Tarrío

Matías Tarrío

Redactor de VINTE. Gústanme os discos e as filloas con rixóns.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.