-
Adurmiñada Nova York. Estampas da fatiga desde a cidade que nunca dorme
A falta de sono constitúe unha parte fundamental da identidade de Nova York. Brais Lamela e Aimé Cichero viven alá. El escribe e ela fai fotos. Xuntos quixeron retratar para VINTE estas estampas da cidade adurmiñada, que publicamos no Día Mundial do Sono. Son para ler e contemplar de vagar, nun deses momentos de descanso cada día máis escasos.