Máis Vinte
-
Vinte no San Xoán. 20 cancións para volver saltar as cacharelas
Levamos tres anos sen saltar as cacharelas de forma masiva nas rúas, praias e camiños e hai moita gana de festa. Tamén hai unha chea de cancións novas, e algunhas outras xa clásicas, perfectas para bailar e arrimarse esta noite. Despreocupádevos da banda sonora mentres asades as sardiñas e o churrasco: a lista de reprodución que precisabades xa a fixemos nós.