Vinte en Pontevedra con Cuchillo de fuego

Damos unha volta pola capital do Lérez con dous dos seus veciños, compoñentes da banda Cuchillo de fuego, que editou o ano pasado o disco 'Megavedra'. Con eles falamos da cidade, de música, do videoclip que gravaron en Wakaliwood cun director de Uganda e do 'beef' amistoso que lle botan a outro grupo, Oh! Ayatollah, pola similitude temática entre algunha das súas cancións.

Créditos

VINTE

Máis músicos nos seus lugares

  • Vinte en Bexo con Lois

    Lois Brea leva desde os 18 anos vivindo en Madrid, onde montou con outros galegos o grupo Trajano! e mais o proxecto en solitario que presenta agora, Lois. Pero el reivindica que "veño de Bexo e de Valgha" e fálanos na súa casa familiar. Tamén nos canta un dos seus novos temas na capela de San Mauro. 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.