Un cóctel molotov de licor de herbas para inaugurar a muiñeira dos anos 20

Boyanka Kostova estrean hoxe o vídeoclip do seu novo tema "Muiñeira de interior", que sen dúbida é xa unha das pezas audiovisuais deste ano tan estraño. Gravado entre a Mariña e A Coruña (co cal de interior ten pouco) coa colaboración de varios grupos de baile tradicional daquela comarca, o vídeo combina a estética do noso folclore en toda a súa elegancia, coa desafiante pose trap e un cabalo que recorda ao dos anuncios do Gadis, sen que faga falta berrar tópicos enriba del. A música e a letra das coplas tradicionais, na boca de Cibrán & Chicho e o coro que os acompaña, é máis que suficiente para seducirnos e convencernos de que a muiñeira é o futuro. 

Créditos

Tema: Muiñeira de Interior, de Bokanka Kostova (Mushroom PIllow, 2020)

Realización: Xaime Miranda

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.