"Segunda Venida". Novo single de Auto Sacramental para unha Semana Santa apocalíptica

Presentamos en primicia o videoclip co que se lanza "Segunda Venida", novo single de Auto Sacramental, nome baixo o que Jorge Mills, artista madrileño-inglés afincado en Compostela saca o seu primeiro disco, 'Cuestión de Fe', producido por Guille Mostaza. Trátase dunha canción de synth-pop sobre a segunda chegada de Cristo en clave irónica e postmoderna. «Ao mesías interésalle máis 'petalo' e ser unha estrela do pop e das redes que salvar a humanidade... chegou para gañar followers e vendernos outra crucifixión, aínda que teña que saltar o confinamento para facelo» , explican na folla promocional.

 

O vídeo dirixiuno Javi Camino e rodouse en varios lugares de Compostela, entre os que podemos recoñecer a Selva negra, o lavadoiro de Picaños, a praza de San Martiño Pinario ou a igrexa de San Paio de Antealtares. Con influencias visuais tan diversas como o cine de Sergei Parajanov ou o cómic de culto 'Los Invisibles' de Grant Morrison, o vídeo captura un ritual místico coa artista de synth-pop compostelá Elba Souto facendo de mesías e paseando pola cidade santa allea á pandemia, coma se a fin do mundo non fose con ela.

Créditos

Realización: Javi Camino 

Produción: Uxía Taboada e Jorge Mills 

Actores: Elba Souto, Bea Aguilar, Uxía Taboada e Carlos Fraga 

Maquillaxe: David González 

 

Un vídeo de Miranda the Agency para Auto Sacramental.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.