Estreamos 'Abisal', o novo videoclip de Atrás Tigre

A banda compostelá Atrás Tigre participa no recompilatorio Galician Bizarre III con este tema, Abisal, e este videoclip que estreamos en exclusiva, dirixido polo creador Jesús Castro Yáñez: "Se Atrás Tigre non pode ir ao fondo mariño, o fondo mariño irá a Atrás Tigre. E se filmar ao grupo tocando debaixo da auga escapaba das posibilidades reais, entón proxecto sobre elas unha marea de imaxes de arquivo, cunha edición debedora do estilo autodidacta dos vídeos de David Dean Burkhart. Para que fagan crer que, cando Atrás Tigre din que vivirán somerxidas en constante exploración, van en serio. Ou, que cando menos, dan aguantado a respiración os tres minutos que dura o tema."

Créditos

Jesús Castro Yáñez

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.