Café Derby 21. Carlos Pereiro, videoxogos e as señoras do Candy Crush
Obter moedas, matar bechos, pasar de fase, gañar carreiras, rescatar a princesa (e moi moi rara vez o príncipe), salvar o planeta, capturar monstros, roubar e matar, cociñar, facer mobles… Cada videoxogo marca os seus obxectivos e o xeito de acadalos, pero case todxs nós temos un especial interese por algún. É dicir, desde aquelas primeiras palas de xogar ao ping pong ou o Tetris, as persoas caeron nas redes dixitais e gastaron un chisco de tempo en en entreterse cun videoxogo.
Para falar un pouco deste enorme melón, contamos con Carlos Pereiro, experto en videoxogos e membro do Museo do Videoxogo, ademais de divulgador na Revista Morcego. Con el falamos da industria e a cultura montada arredor deste fenómeno, do hiperrealismo dos gráficos ou do esquecemento que supón para moitos títulos a mellora tecnolóxica.
Tamén gastamos tempo falando dos nosos primeiros xogos, de experiencias e de por que cada xogo ten unha idade.
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.