"Baile do dentón". Primeiro single do novo traballo de Moura

Os coruñeses MOURA, dous anos despois do lanzamento do seu debut homónimo e logo de sacar o single "Muiñeira da Maruxaina" en 2021, volven co seu esperado segundo traballo de estudio no que se adentran aínda máis na tradición galega, tanto a nivel lírico como instrumental. 'Axexan, espreitan' ten programada a súa saída para o próximo 27 de maio co selo Spinda Records, mais desde hoxe podemos gozar dun primeiro single titulado "Baile do dentón", tema a medio camiño entre a neo-psychedelia e o kraut-rock que trata sobre a historia do comercio do este fungo do centeo, a partir do que se sintetizou posteriormente o LSD, e os delirios e alucinacións que causaba entre os labregos cando cocían o pan.

En 'Axexan, espreitan', a cantante e percusionista Belém Tajes pasa a formar parte do núcleo de MOURA canda Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboi, Luis Casanova i Pedro Alberte.

Créditos

- Produción: Spinda Records 

- Realización: Goluboff 

- Idea orixinal: Diego Veiga, Hugo Santeiro 

- Axudantes de produción: Alba Roca, Tania Vila 

- Máscaras de pan: Alba Roca, Fernando Voyeur 

- Bailadoras da A.C. O Amanexo: María Elena Rodríguez, Andrea Sambad, Natalia María Rodríguez, Fuco Río, Jennifer Portela, Ana Uzal 

 

Gravado en A Tobeira de Oza (Alpendre Cultural) 

 

MOURA coa colaboración de Fabio Mahía 

Agradecementos: Berto Cáceres, A Tobeira de Oza, Marcos Cenamor, Raúl Lorenzo, David Espasadín, Juan (Malte), Farinarium, Nancy Álvarez, Tania Vila, Alba Roca, Fernando Voyeur, Enrique Otero, Necho Aguado, Tere García, Miguel Vázquez, Antonio Prado, Jota Gutiérrez, Álvaro Gallego, A Cova Céltica, Sergi A. Castells

Tamén che interesa

  • Muiñeira da Maruxaina, o novo videoclip de Moura

    O selo andaluz Spinda Records está a piques de lanzar unha caixa recompilatoria titulada 'Grados. Minutos. Segundos.' que durante o vindeiro ano publicará 12 vinilos de 7' con temas inéditos de 24 bandas que representan o underground das micro-escenas que máis ferven en distintos territorios do Estado. Teñen en común seren bandas «que rachan co establecido e/ou van contra as modas e tendencias do mercado» e unha das participacións galegas é a de Moura, a banda que sorprendeu o ano pasado co seu primeiro álbum que mesturando psicodelia e rock progresivo co folk tradicional galego. O primeiro deste recompilatorio lanzouse esta semana con este videoclip da "Muiñeira da Maruxaina" gravado nos estudios Mans da Coruña. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.