"As sensacións". Adianto do novo disco de Secho

Presentamos en exclusiva o videoclip de "As sensacións", primeiro single do primeiro disco en solitario de Secho, un artista de Dodro que escribía para si mesmo ata que en 2009 empezou a abril concertos dos Medomedá. 'Recuperar' presenta un feixe de cancións que tecen un disco moi persoal e íntimo no que o pop, o indie ou o folk americano danse a man adubiados polas montañas do Barbanza. E "As sensacións", que estará dispoñible o 11 de maio en todas as plataformas, fala, en palabras do seu autor, «de todo o que arrodea aos corazóns que nun momento deciden marchar sós. A melancolía do vivido, as inseguridades do presente, a soidade dun paseo ou a necesidade de reprogramarse para seguir facendo camiño, son sensacións que moitas e moitos de nós temos percibido nalgún momento das nosas vidas, coa incerteza da dirección que debemos tomar. O video que acompaña o tema, realizado por Nela Fraga, reflicte ese momento vital, ese lugar, esas imaxes que alimentan a memoria e rematan fronte o mar, na compañía dun solpor.

Créditos

Vídeo: Nela Fraga Son: Iago Pico

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.