Vinte en copas con Shinova

Nova entrega de VINTE en copas, a serie na que Cristina V Miranda entrevista a artistas de xira por Galicia mentres toman un viño galego. Nesta ocasión contestaron as súas preguntas dous membros do grupo Shinova antes do seu concerto na Sala Malatesta de Compostela.

Créditos

VINTE. En colaboración con Viña Costeira.

En colaboración con

En entregas anteriores

  • Vinte en copas con Carolina Durante

    Inauguramos unha nova serie, "VINTE en copas", na que Cristina V Miranda convida a tomar un viño a distintos artistas musicais que veñen dar concertos a Galicia. Comezamos nada menos que con Carolina Durante, o grupo español de moda, que actuaron o pasado sábado na Sala Rouge de vigo e contestaron vinte preguntas, sobre viño música e outras cousas. Espazo en colaboración con Viña Costeira. 

    Vinte en copas

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.