Tráiler de 'O que arde'

Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.

Así é o tráiler de O que arde, a agardada nova película de Óliver Laxe que levou o premio do xurado na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes. O filme estréae en salas comerciais o vindeiro 11 de outubro. 

Créditos

NUMAX Distribución

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.