Novo vídeo de Moura: "Romance de Andrés d'Orois"
A banda coruñesa saca o segundo single de adianto do seu próximo LP, 'Asexan, espreitan', que verá a luz o 27 de maio da man de Spinda Records. Diego Veiga, vocalista e compositor, cóntanos que este tema é unha «balada a modo de romance de cego na que conto a historia do meu bisavó materno Andrés, tratante de gando e natural da parroquia de Orois (Melide) que foi asasinado a comezos do século XX por dous ladróns na carballeira de Ribadiso (Arzúa) cando voltaba da feira.»
Créditos
Música: Moura, feat. Irmandade Ártabra
Letra: Diego Veiga
Videoclip gravado por Leo López e editado por Hugo Santeiro e Fernando Vilaboy. Rodado nos estudios Mans da Coruña en abril do 2022.