"Non me esquenzas". Presentamos en primicia o novo de Grampoder
'Non me esquenzas' é o primeiro single de 'PM', o disco longo que Grampoder presentarán a finais desta semana. A banda compostelá, formada por LeRoi e Martin Wu, edita o traballo despois dunha prolongada ausencia discográfica de preto de oito anos, cunha versión máis eléctrica, máis enerxética, máis negra do seu rock portátil.
As tripas dunha casa abandonada e as rúas e edificios maltratados polo tempo dunha localidade despoboada como Canabal (Sober) ilustran a letra desesperanzada de 'Non me esquenzas'. O videoclip foi gravado por Natalia Sequeiro e Roi Fernández, coa colaboración de Roberto Burés como actor principal.
Créditos
Videoclip: Gravado por Natalia Sequeiro e Roi Fernández | Edición: Natalia Sequeiro e Laura Cruz | Coa colaboración de Roberto Burés.
Música: Gravada por Jacobo Iglesias nos Estudios Potemkin de Santiago DC.