Néboa presenta o seu novo videoclip poñéndolle música a Valente
O quinteto 'Néboa' avanza o seu primeiro LP, que sairá a finais deste ano, con "Valente (folión)", un tema de ecos místicos e minimalistas que desde o pop alternativo traza unha liña entre o folk galego e as marimbas africanas. Todo isto, poñéndolle música a versos do falecido poeta ourensán José Ángel Valente. Na nota de lanzamento falan do elo perdido entre Radiohead, Vainica Doble e a música tradicional galega: xulguemos se é así mentres nos deixamos hipnotizar pole música e pola danza da actriz Mariña López Varela neste videoclip que dirixe Adras M. Cedrón.
Créditos
Dirixido e montado por Adras M. Cedrón. Protagonizado por Mariña López Varela.
Valente (folión) foi gravado por Brais Ruibal no Náutico de San Vicente. Producido por Lucas de Centi. Misturado por Brais Ruibal. Produción adicional de Brais Ruibal.
Editado por Raso Estudio.