LaMontagne & PicoAmperio báñanse nas ondas como adianto do seu primeiro disco
LaMontagne & PicoAmperio comezan a desvelar como será o seu primeiro disco de estudio, Algo que sinalar, co videoclip da canción “Banharemonos nas Ondas”, dirixido por Alba Domínguez. As persoas que tiveran a oportunidade de asistir a un concerto do grupo recoñecerán este tema case onírico no que a voz de Laura e as creacións sonoras de Pedro atrapan toda a atención. Unha mestura de cantigas de Martín Códax en homenaxe ao mar de Vigo, que se converte neste videoclip nunha celebración universal da unión co mar e coa terra.
Créditos
Dirección: Alba Domínguez
Produción: LaMontagne & PicoAmperio
Dirección de arte: Marta Bouzas
Gaffer & 1AC: Thomas Schwarz
2AC: Izan Mínguez
Operadores de cámara: Thomas Schwarz, Izan Mínguez e Alba Domínguez
Axudante de produción: Wenceslao Pérez
Vestiario: Tommy, Marta Bouzas e Laura LaMontagne
Maquillaxe: Marta Bouzas
Edición: Alba Domínguez
Cor: Leticia T. Blanco
Créditos Diego M. Barcia
Reparto: BBoy RetroKid, BBoy SerLli, PicoAmperio e Laura LaMontagne
Música: LaMontagne & PicoAmperio
Letra: Laura LaMontagne
Produción: PicoAmperio
Rec, Mix: PicoAmperio
Máster: Ibón Larruzea "Euridia"