Fillas de Cassandra publican “Quebrantarse”, a voz das feridas fronte ao esquecemento

"Quebrantarse" preséntase como unha conversa entre dous amigos que, caídos en bandos enfrontados durante a Guerra Civil, se despiden ante a inminente morte dun deles ás mans do outro. «Cóntame o teu segredo / cóntamo, que eu xa mo sei», canta Fillas de Cassandra sobre unha verdade que non precisa ser dita: os dous amigos saben o destino que os agarda, mais poñelo en palabras significa darlle forma ao horror.

Parte da melodía deste " Quebrantarse" inspírase no"Romance do Comandante Moreno", segundo a versión que interpreta Severina Murias, unha elección que entronca coa idea que Fillas de Cassandra quere poñer en valor: o papel da muller na transmisión da tradición oral galega, onde a música foi un vehículo de resistencia e memoria colectiva. Ao fío, Sara Faro e María SOA incorporan a gaita (Adrián Méndez, De Ninghures) á instrumentación do tema para unilo, precisamente, coa zona da Fonsagrada (lugar onde teñen lugar os feitos que Severina relata).  

Quebrantarse, é o segundo fascículo do EP Hibernarse de Fillas de Cassandra. A nova entrega do dúo vigués versa sobre o tempo fragmentado pola guerra. A intención de María SOA e de Sara Faro non é outra querecuperar a memoria colectiva fronte a unha liña temporal marcada pola historia oficial e poñer voz a unha ferida que segue aberta. 

Créditos

Interpretada e composta por Fillas de Cassandra

Gaita interpretada por Adrián Méndez

Produción musical | Greta Ch´aska, Mumbai Moon, Fillas de Cassandra

Mestura e master | Brian Hernández

Dirección de vídeo | Santi Iglesias, Sergio Cora, Fillas de Cassandra

Actores: Pedro Galocha e Brais Ferpo

Xefa de producción | Elvira Zapata Vila

Aux produción | Jose Manuel Valeije "Chuchi", Guadalupe Martínez San Juan “Lupe"

Cámara | Jacobo Areal

Iluminación | Alan Grey

Foquista | Pablo Tuche

Edición de cor | Mario Lorente

Dirección de arte, escenografía e estilismo | Lara Caeiro

Equipo de arte | Sara Casanova, Sergio Barba

Equipo de estilismo | Olaya Rodríguez, Sergio Barba

Eléctrico | EKC Eloy Krook

Idea orixinal | Fillas de Cassandra

Acompañamento | Tremendo Audiovisual

Selo: Boa Música Europa, Altafonte Music Spain

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.