Enterro ou comparsa, "O enterro da sardiña" é un videopoema de Lúa Mosquetera

Lúa Mosquetera traslada o poema "O enterro da sardiña" do libro Espíderman, que sairá publicado pola editorial Galaxia nas vindeiras semanas, e dálle vida ás imaxes e sons que apuntan os seus versos –que son lembranzas do seu dó– coas músicas de Pablo Seijas e as pandereteiras Lilaina, protagonizado pola súa irmá Zeltia Mosquera e baixo a dirección de Bastian Rodríguez. 

 

A poeta de Miño (A Coruña) gañou con "Anorak de pel de caribú" a última edición do premio aRi[t]mar de poesía, practica a slam poetry e ten participado en antoloxías de poesía nova. Ademais, autoeditouse co poemario Aunque seas rara y seas pájaro.

 

«Gústame falar sen cancelas. Imaxino que haberá xente que bote en falta certa calidade literaria nos meus textos só porque non son pretensiosos. Non podo versar sobre o amor verdadeiro, sobre o medo á morte ou sobre as dúbidas existencialistas, porque non creo en ningún deses temas», contou nunha entrevista en VINTE.

Créditos

"O enterro da sardiña" é un poema de Lúa Mosquetera pertencente a Espíderman (Galaxia, 2022). 
 

Música: Pablo Seijas e Lilaina 

Dirección: Bastian Rodríguez 

Actriz: Zeltia Mosquera 

Peliqueiro de Laza: Aitor Morgade 

Dirección de fotografía: Pedro Galbán e Daniel Pérez 

Operador de cámara: Pedro Galbán 

Gaffer: Daniel Pérez 

Maquillaxe: Nagore Prieto 

Perruquería: Lucía López 

Vestiario: La Mapache 

Corona floral: Farándula 

Asistente Peliqueiro: Paloma Basteiro 

Asistente de dirección: Aldara Pardo 

Catering: Hadrián Gómez 

Producción: Lúa Mosquetera 

Montaxe, grafismos e subtítulos: Bastian Rodríguez 

Etalonaxe: Pedro Galbán

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.