Concomitentes. Unha encarga colectiva de arte para continuar o legado dos irmáns García Naveira
As veciñas e veciños de Betanzos teñen a oportunidade de encargar unha obra de arte contemporáneo que dialogue co legado dos irmáns García Naveira. Será grazas ao proxecto Concomitentes, promovido pola Fundación Daniel y Nina Carasso, e apoiado pola Asociación Amigas do Parque do Pasatempo, a Asociación Roxín Roxal e a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos. A vila oi seleccionada canda outras cidades europeas para a posta en marcha deste proxecto, Calquera persoa da comarca está convidada a participar neste proceso participativo que arranca o vindeiro 11 de outubro cunha xornada sobre migracións e patrimonio artístico.
Créditos
VINTE. Coa colaboración do proxecto Concomitentes.