Café Derby 21. Sonia Méndez, Luz Fandiño e hackers de punto de cruz
Hai persoas que habitan este planeta, camiñan entre nós e fan todo un pouco mellor, ou polo menos un pouco menos normal e aburrido. Ás veces temos a sorte de atoparnos no seu espazo e ser testemuñas do seu poder. Quedamos prendados pola súa maxia, por esas vidas tan únicas que son capaces de unir xeracións de admiradores.
A directora, actriz, produtora… ben, a 'cineasta 360' Sonia Méndez coñeceu a poeta Luz Fandiño e soubo que debía captar a súa historia, a dunha lenda de 90 anos con moitos matices. Tomou a cámara e fixo o documental 'A poeta analfabeta'. Con ela falamos do difícil que pode ser xerar confianza ou do dura que chega a ser a verdade.
Pero tamén tivemos tempo para parolar sobre o Carballo Interplay, as webseries, a creación en Internet… unha morea de cousas das que sabe moito pola experiencia. A mesma experiencia que ten como autónoma e emprendedora, esa maldición que tivemos oco a criticar.
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.