Café Derby 21. Berto, contar a depresión e variñas de pescada
Esta semana collemos o directo feito no pasado Culturgal para compartir coas persoas que non estiveron presentes o que foi aquilo. Malia os erros técnicos, o ambiente caldeouse e o público que se achegou ata nós asegurou levar unhas risas e un par de cousas. Lamentamos os erros técnicos que poida haber (alleos ao noso poder) e agradecémoslle ao equipo técnico que estivo canda nós o seu esforzo.
Achegámonos ata Pontevedra e, como non, contamos cunha persoa nada e criada na cidade máis peonil do Universo. Aínda que non falamos de pontevedrismo, Berto contounos como foi a experiencia de estrearse en soitario, lanzar un disco tan diferente, contar a súa depresión e musicala, afondar na saúde mental e facer terapia en moitos sentidos.
Tamén contamos un par de anécdotas, respostamos á polémica da semana sobre o clasismo e a música (a clásica, claro) e varias cousas máis nun programa un pouco máis curto, un pouco máis en directo.
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de PuntoGal e Deleite.