A fermosa panxoliña que gravaron Os amigos dos músicos en 2017

O 2021 despídese coa triste nova do pasamento repentino de Xaime Mateo, vocalista e batería d’Os amigos dos músicos, a banda ourensá que nos trouxo as máis fermosas e melancólicas cancións en galego dos últimos anos. Coa súa sensibilidade pop que remite a certo folk americano, teñen composto e interpretado máis dunha panxoliña por estas datas. Compartimos hoxe esta ‘Panxoliña do poeta’, con moita saudade e agarimo para Os amigos dos músicos e toda a familia do pop galego. Bo Nadal, e todo medre. 

Créditos

'Panxoliña do poeta', con letra de Manuel María e música d'Os amigos dos músicos. 

Gravada na Arca da Noe en decembro de 2017 coa realización de Illa Bufarda. 

Unha iniciativa de Deleite. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.