Tanxugueiras na India: álbum de fotos

Tanxugueiras

A nosa estancia na India foi moi emocionante! Coñecemos outra cultura, fomos conscientes en verdade do papel da muller nesa cultura, un papel de submisa, ama de casa, coidadora dos seus fillos. Mais vimos que está a comezar unha revolución das mulleres: están cansas, non queren calar e queren ocupar un papel importante no mundo da música tradicional do país. 

Fomos as primeiras en Rajasthan en liderar un grupo de homes e abrir así un melonciño para que outras mulleres ocupen ese rol. E decatámonos que a nosa música lonxe das nosas fronteiras gusta moito e é moi ben valorada. Ás veces máis que na casa. Estamos moi contentas de poder vivir esta experiencia e contamos con volver para ano!!!

  • 01

    Aprendemos moitísimo durante toda a nosa estancia en Rajasthan da súa cultura e sobre todo da súa música, da que vimos enamoradas.

  • 02

    Tal e como mostra a foto, custounos moitísimo marchar de alí, choramos moito e deunos moitísima pena despedirnos daquela xente coa que convivimos tantos días. Alá temos unha familia e viceversa... Volveremos!

  • 03

    Durante os nosos ensaios estas mulleres sempre estaban alí caladas, escoitándonos. Traballaban limpado a sala de ensaio e agradecéronnos facerlles máis levadeiras as horas de traballo.

  • 04

    As viaxes en avión foron insufribles, moito cansazo, moitas horas de espera, e moitísimas horas no avión. Todo ese tute que nos metemos mereceu a pena.

  • 05

    Cando comezamos esta viaxe todos dicíamos "se non nos enfadamos, imos ser amigos para sempre," e así foi, a nosa relación aínda se fixo máis forte. Anusha, foi a nosa intérprete, a chica que nos acompaña na foto foi a que nos alegrou a viaxe, unha máis do grupo. Viviu a nosa experiencia como se tamén fora a súa, querémola moitísimo e todos esperamos vela moi moi pronto.

  • 06

    Unha das cousas que non nos gustou nada da India foi a sua gran contaminación e a cantidade de lixo que hai tirado pola rúa.

  • 07

    Os nenos alucinaban coa xente de fóra,  e nós con eles.

  • 08

    Vivimos moitos momentos alucinantes e este foi un deles, as súas danzas son incribles e teñen moitos rasgos parecidos ás nosas.

  • 09

    Sempre estarán no noso corazón todas as persoas que coñecemos na viaxe. Levamos amigas e amigos para toda a vida.

  • 10

    Mergullámonos de cheo noutro mundo totalmente diferente ao noso, que fixo que nos decatásemos do afortunadas que somos e de todo o que o mundo ten que cambiar e mellorar. Un lugar cheo de pobreza, lixo, caos e miseria, mais cunha xente que é encantadora

  • 11

    Esta vai por despedida.

Tanxugueiras

Tanxugueiras

Estas tres pandereteiras do Barbanza e mais de Teo están a revolucionar a música tradicional co seu primeiro disco, Tanxugueiras.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.