Miguel Silva Conde

Miguel Silva Conde

Son Miguel Silva ou Aquel-e nas redes sociais. Comecei no mundo de Youtube hai algo máis dun ano e a idea da canle disipouse tanto que acabei facendo reggaetón por toda a TVG logo de gañar o concurso da canción do verán con “Que nos pille rebolando”. Agora son opositor e teño menos tempo para estes proxectos, mais estou a preparar un novo tema que vai ser unha versión dun dos grandes clásicos da nosa música. Ademais, continúo coa miña canle de Youtube, onde vou seguir analizando a cultura pop galega e defendendo o entretemento na nosa lingua lonxe dos tópicos e do folclore. Tamén formo parte do Teatro Airiños, o grupo de teatro amador máis antigo de Galiza, que estrea “Unha primavera para Aldara” esta fin de semana en Rianxo.