Elena Martín

Elena Martín

Elena Martín é licenciada en Comunicación Audiovisual pola USC e máster en Documental Creativo pola Universitat Autònoma de Barcelona, de onde saíu Comme Il Faut, unha peza documental que analiza os roles de xénero a través do tango. Viviu catro anos en Osaca (Xapón), onde traballou de profesora e colaborou en pezas sobre feminismo. Na actualidade colabora coa edición galega de El Salto Diario, Novas da Galiza e Traveler. É voluntaria en Agareso e compaxina o seu labor como xornalista coa súa paixón polos idiomas.  

  • ‘En deuda con todas’. Un documental sobre o aborto en El Salvador

    A Asociación Galega de Comunicación polo Cambio Social (Agareso) estrea o día 16 de decembro en Compostela un documental para denunciar a situación das mulleres salvadoreñas, nun dos países máis restritivos do mundo coa interrupción do embarazo, buscando presionar para que se consiga un cambio real na lexislación. Unha reportaxe de Elena Martín e Lara Dopazo Ruibal.

    Agareso