Anxo Araújo propón celebrar "Os días felices"

O músico pontevedrés Anxo Araújo estrea este venres o videoclip e a canción “Os días felices”, unha aposta musical festiva que convida a celebrar e vivir o presente. O audiovisual foi realizado por A Carrinha Vermelha co material contido nunhas cintas familiares en Súper 8 do propio artista.

“Os días felices”  é o videoclip de presentación do segundo disco de Anxo Araújo, Aprender a bailar, que se estreará o vindeiro 15 de marzo en plataformas dixitais e que supón a evolución do artista que debutou tras a pandemia cun moi coidado primeiro álbum de estudio, Plan de urbanismo para un novo couto mixto.

Créditos

 

Gravado entre Unha Casa Calquera (Poio) e Garaxeland (Compostela).
Técnico Garaxeland: Edu Vidal.
Mestura: Anxo Araújo.
Mastering: Victor Garcia (Ultramarinos).
 


Faus Camaño: Batería.
Julio Visi: Percusións.
Borja López: Ventos.
Anxo Araújo: Voz, guitarra, baixo, teclados e sintetizadores.

Tamén che interesa

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Anxo Araújo

    Décimo quinta entrega das Miudiño Sessions. Desta volta as cámaras d'A Regueifa Plataforma foron ata o corazón de Vigo para filmar tres alfaias do indie pop manufacturado polo pontevedrés Anxo Araújo. As antigas pedras das paredes dun local con tantísima(s) historia(s) coma A Casa de Arriba foron a cámara de resonancia perfecta para ecoar a narrativa do seu delicado pop tinguido de luminosa saúdade, interpretando tres temas do seu primeiro disco, Plan de Urbanismo Para Un Novo Couto Mixto, editado en 2021. 

    Música
  • "Canción perfecta". Estreamos en exclusiva o novo videoclip de Anxo Araújo

    Anxo Araújo estrea “Canción Perfecta”, o single adianto do seu primeiro traballo de estudio en solitario Plan de Urbanismo para un novo couto mixto, que sairá publicado o vindeiro 28 de xuño. VINTE adianta en exclusiva este videoclip que poderá verse a partir de mañá en todas as plataformas dixitais. “Canción perfecta” é un tema onírico que afonda na busca de novos camiños, un rexurdimento persoal amparado no colectivo dende onde persegue ese «himno pop que sexa un pedazo de nós». 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.