Trinta anos do Xabarín Club. Ceibádeo ou matádeo xa!

Hai alguén aí? Nos anos 90 e primeiros 2000 as crianzas que estaban ao outro lado da TV, bocata en man, eran lexión. Ver a Son Goku, Arale, Doraemon ou Shin Chan -segundo o extremo da Xabaxeración do que foses- á hora da merenda era un costume compartido pola rapazada galega cun nivel de popularidade tan grande como as incribles fazañas dos heroes televisivos. Soaban cancións pegadizas, como “Estou na lavadora” ou “Non todo é o que parece”. Algunhas non moi infantís, como “Carmiña Vacaloura”. Era un orgullo ser dese club. Había ata un carné físico. E ver a túa face na TV polo teu aniversario era o máis. 

30 anos despois, o Xabarín non está morto, nin está moi vivo. Aínda non sabe por que, mais foi castigado co ostracismo da segunda canle da TVG e permanece como nun museo dando nome a unha canle televisiva do mundo online que non acaba de despegar. 

Que está a pasar en Lugo?

Lugo é a capital da provincia con menos presenza nas principais guías gastronómicas e, ao mesmo tempo, a cidade do “Para comer, Lugo”, unha frase desas, como o Galicia Calidade, que saíron do promocional para acabar por callar no imaxinario colectivo. Gústannos as contradicións, así que imos para alá, a analizar sobre o terreo que está a acontecer nesta gastronomía tan interesante como aparentemente pouco visible que os prescritores aínda non detectaron pero que fai da cidade un destino de primeiro nivel en termos de cociña e produto. 

Gastronomía
Café Derby 21. Temporada 4

Café Derby 21. Improvisar, con Lucía Veiga

Pode parecer que traballamos sen escaleta e sen texto preparado, pero iso non é de todo certo. Levamos anos deixando oco ao incerto e a que todo aconteza, polo que desenvolvemos unhas certas habilidades. Por iso, neste programa xuntámonos coa actriz, presentadora e cómica Lucía Veiga para improvisar e falar de humor, da vida e de ligar. 

Logo de gañar dous Mestre Mateo, Lucía Veiga chega ao noso podcast para afondar nos misterios da risa, poñer en valor a importancia da improvisación para saír adiante e deixar consellos sobre como improvisar en entrevistas de traballo ou infidelidades.

Podcast

Co patrocinio de

Vivimos nunha «tiranía deportiva»?

Unha conta de aforro premia agora que camiñes e fagas exercicio; en definitiva, que leves unha vida máis saudable. É unha idea distópica ou unha moi conectada cos problemas do século XXI? Mesmo se as redes sociais —e as culturas de dieta das últimas décadas— insisten en que hai que facer exercicio —e que se non o logras che falta disciplina—, a sociedade é cada vez máis sedentaria. Seis de cada 10 persoas en Galicia pasan, de feito, de facer exercicio. 

Vinte preguntas. Presentamos o gran trivial da cultura pop-ular galega

Que fobia lle dá nome a un grupo de rock de Boiro? Cal é a discoteca máis antiga de Galicia aínda en funcionamento? En que rede social se deu a coñecer Páramo Pictures? Quen deseñou o logo do Xacobeo 2021-2022?  Estas son algunhas das vinte preguntas que podes atopar en cada partida que botes do xogo que presentamos hoxe. 

VINTE

Co apoio da

Máis vinte

  • Café Derby 21. Petiscos no Derby

    Programa especial no Café Derby 21 que desta volta vai con vídeo. Se queredes ver as caras das presentadoras falando con grandes creadoras da rede non vos perdades o novo programa feito desde o Festival Carballo Interplay. 

    Xunto a Nicolás Carreira, Carme Domínguez e Adrián Lede estiveron conversando Blondiemuser, Paula Jorge, Pablo Meixe e a tamén actriz Lidia Veiga. Durante máis dunha hora, a charla percorreu desde os nichos (non os funerarios) de contido que cada unha traballa na rede ata, por exemplo, os 'haters' ou mesmo os dereitos laborais das e dos influencers.

  • A viguesa Akazie «descolocará» o público do Sónar de Barcelona

    A viguesa Acacia Ojea (Akazie) será a única artista sonora galega presente na edición deste ano do Festival Sónar de Barcelona, que se celebrará a mediados de xuño. Akazie é un exponente da escena postclub, que aposta por unha concepción experimental da electrónica de baile e salienta en ritmos e texturas sonoras de alta complexidade.

    Compartimos aquí o SónarMix, onde a artista viguesa inclúe case unha trintena de temas condensados nunha sesión dunha hora de duración. A creatividade do vídeo que acompaña o lanzamento do mix foi realizada pola artista visual granadina Natalia Stuyk.

    No Sónar 2024 Akazie pretende «sorprender e descolocar un pouco» traballando en colaboración coas artistas visuais Natalia Stuyk e Arancha Brandón. 

    Música
  • Horror no paraíso. Cine contra o esquecemento en ‘San Simón’

    Exterminio, liquidación, fusilamentos. Non é unha historia doada de contar. Non é fermosa, mais é real e debe coñecerse. Entre 1936 e 1943 pasaron polo campo de concentración de San Simón, na ría de Vigo, 6.000 presos. E aínda que os historiadores non acordan unha cifra sobre os asasinatos, sábese que alí eran continuos e masivos. Foron apenas sete anos de auténtico horror no paraíso que deron para moitas historias de violencia, separación, inxustiza e mesmo amor.  Moitas destas historias son recreadas na película ‘San Simón’, dirixida por Miguel A. Delgado, que se atopa en plena rodaxe. 

    Cinema
  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O misterio, con Arantza Portabales

    Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterios foron desvelados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales.

    Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como a paixón polo misterio, os nosos asasinos e detectives favoritos, os elementos para unha boa novela negra, misterios actuais como o de Kate Middleton e esa crise de comunicación, ou as motivacións para matar, desde o persoal ata o profesional.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Prado Rúa: «Pois si, son unha influencer»

    María Rúa Rodríguez, Prado Rúa, comezou a subir vídeos ás redes sociais en 2020, cando a pandemia obrigaba a quedar na casa. En novembro dese ano en VINTE diciamos que era a «youtubeira do ano» e, catro anos despois, con 20.000 seguidores en Instagram, 23 primaveras, e presenza na meirande parte dos eventos culturais do país, Prado Rúa confesa que xa se sente unha influencer, aínda que sempre renegou dese termo. A ourensá está nomeada como mellor creadora dixital galega no festival Carballo Interplay que axiña comeza.

    VINTE na rede
  • 'Azul vindeiro': así soa o novo disco de Devalo

    Este venres Devalo publica o seu terceiro disco baixo o título Azul vindeiro . O traballo vén acompañado tamén dun novo videoclip, que ilustra o tema  “Natureza case morta”, con espectaculares imaxes rodadas en Galicia (Lousame e A Coruña), mais tamén en Francia (Chartres, Nantes e La Roche-sur-Yon) e Gales (Bangor e Menai Bridge).

    No seu novo disco Devalo invita a «recuperar a capacidade de pensar no futuro» que, debido a continua crise,  xa case parece non existir.« Vivimos no debilitamento da esperanza». É por isto que David Miranda crea cancións que se rebelan e tratan de volver ter a capacidade de concibir un mundo mellor, aínda que parta do descontento do presente. 

    Música
  • Ao norte do norte: máis alá do Trópico de Mondoñedo

    As comarcas setentrionais da Coruña e Lugo foron quen de manter unha identidade gastronómica propia que tamén no ámbito contemporáneo está a desenvolver propostas e formatos diferentes. Percorremos desta vez manxares e lugares que dan forma a unha oferta diferenciada non como resposta a unha demanda do turismo ou dunha nova clientela senón como a vontade de manter viva a súa esencia, algo que continúa a ser un dos seus principais, e desde logo o máis saboroso, dos seus sinais de identidade.

    Gastronomía
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Pauliña

    Desta volta A Regueifa Plataforma achegouse ata Silleda para filmar a sesión de Pauliña, unha das voces propias con máis personalidade da escena galega. 

    Fronte a un muro de motores que agardaban solemnes unha segunda vida a cambadesa teceu na compaña da súa banda a súa habitual mestura de estilos en tres pezas (FamePasa de min e Fáltame o aire) nas que, coa dominancia cromática punk marca da casa pauliana, o urdime se foi tinguindo dunha policromía que foi do rock, ao blues ou ao raggamuffin. Un saboroso petisco audiovisual para ir abrindo boca na véspera mesma da saída do seu novo disco, Galego Is Not Dead. 

    Música
  • A revolución comeza na biblioteca

    As bibliotecas non son só espazos nos que mandan calar a xente nin tampouco grandes templos do saber. O seu papel patrimonial —conservando a cultura colectiva e mantendo a local— é fundamental, pero estes lugares teñen un impacto transversal na sociedade. É un deses espazos máxicos que fan cidadanía.

  • Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. A memoria, con Bruno Arias

    Neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias, finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut Os espazos en branco. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Arias, dun xeito íntimo e persoal. Efectivamente, falamos da memoria.

    Para non poñernos puristas e densos, parolamos sobre o persoal, os primeiros recordos, as mortes de familiares influentes; mais tamén de momentos históricos e onde estabamos, cambios de papas, o 11S, a construción de recordos ou as cámaras analóxicas.

    Podcast

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.